jueves, 26 de enero de 2012


Queda demostrado, así con maiúsculas, para que se vexa ben: A SORTE EXISTE, a sorte está en cada unha de vos. Moitas cousas teñen un prezo, e o voso non está escrito. ¿Qué sodes capaces de facer? Calquera cousa, levantarme cando estou intentando facer os deberes para que baile reggaetón de fai dez anos, facer que aprenda a cociñar natillas, pizzas, macarrons, spaguetti... que pase vendo recetas un par de horas para facervos de cear, grabar douscentos mil videos cada tarde ou noite que se gardan ben en youtube, que circulan por privados e nos fan sorrir ben ben a gusto, que sodes agora, o meu día a día, e vos necesito, porque non só vos quero, tamén me caedes ben, e iso non é doado. Xa volo digo sempre que vos quero de verdade, cando estamos en ramallosa e está a soar raios de sol e Asmusita guíanos para que non nos perdamos, cuando me cantades ou me dedicádes cachiños de cancións que me sacan sorrisos, falar de sepsu sentadas no sofá de sara, na cama de asmusita, na miña alfombra… en calquer lugar, sempre e cando estemos xuntas, pegadiñas, dándonos picos, bailando moito moito en calquer lugar. Subindo polas escaleiras do instituto intentando descifrar en qué pensan os rapaces, que ven sendo, decidir que tenis poñerse polas mañas, que sara chegue e conte que tiña un sms moi bonitiño de Sergio pola mañá o despertar, que asmusita nos diga que grazas a deus non lle saiu ningún grano, e vero, nos conte que ten os pendentes máis chonis da historia do mundo dos chonis. E temos os martes na casa de asmu merendando, os sabados a noite e os domingos pola mañá coa claridade entrando polo salón ou unha habitación, estar no balcón, un tarro cheo de colillas, e moitas conversacións na cabeza. E eu sei que estades de paracaídas sempre, por se a caso, tódolos días, nos nosos recreos, para colgar filosofía e fumar no parque unha hora, para chorar no lavadero despois de clases, para dormir un mércores e ver titanic ou as colinas teñen ollos tódalas semanas.

¿Qué sodes? Sinceramente as miñas mellores amigas. Grazas regálanola, por bailar o meu carón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario